domingo, 14 de outubro de 2018

Eu sufrín malos tratos, e agora quero axudar a quen pasa por iso a saír adiante

Duas mulleres que sufriron violencia machista están entre os voluntarios que apoian ás víctimas en Ribadumia.

«Levo moitos anos querendo facer algo, axudar dalgunha maneira a que a xente non pase polo que eu pasei». O seu pesadelo empezou como un bonito conto de mocidade e namoramento. Ata que o mozo ideal quixo controlar todos os seus movementos, invadir ata o último recuncho do seu espazo persoal. «Tiven que deixar un traballo porque me levaba ben cun compañeiro e el non o soportaba». E así, unha chea de renuncias que cada vez a illaban máis. Foi entón cando empezaron os golpes. «Un día saín dar un paseo co meniño. Cando volvín a casa el xa chegara. Empezou a pegarme diante do neno. Foi media hora de golpes».
https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1174104092740111/
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario