sábado, 27 de outubro de 2018

Obra de teatro "Invisibles"

O 15 de novembro, no Teatro Principal de Pontevedra, terá lugar a estrea de “Invisibles”.

Non vola podedes perder!

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1181094752041045/

mércores, 24 de outubro de 2018

Comunicado do NeoFem LuisSeoane

En pleno século XXI, moitas mulleres, moitas nenas aínda, teñen que enfrentarse a embarazos forzosos se non queren acabar cunha condea de cárcere, sen que a súa vontade sobre os seus corpos e as súas vidas sexa tida en conta. 

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1179694358847751/
 

Asasinada pola súa exparella

No día de onte, unha muller foi asasinada pola súa exparella, que fora denunciado pola vítima pero non pesaban contra el nin orden de afastamento nin medidas cautelares.

Mostramos a nosa total repulsa con este tipo de actos.
#OmachismoMata.

Efectivamente a muller non foi morta, matouna a súa exparella.
Os titulares que relatan este feito utilizan expresión do tipo: “asasinada a puñaladas” (El País), “matan a puñaladas” (ABC de Sevilla), “muller morta a puñaladas” (La Voz de Galicia)...
Non compartimos este tipo de redacción encuberta.
A forma correcta sería: un home mata a súa exparella a puñaladas.

 
https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1179437155540138/

martes, 23 de outubro de 2018

O Resu retira do cartel á banda As I Lay Dying

Este é un exemplo de decisión axeitada en contra da violencia de xénero.

Combatir e previr son factores fundamentais para que remate este tipo de lacra.


https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1178472575636596/

venres, 19 de outubro de 2018

domingo, 14 de outubro de 2018

Eu sufrín malos tratos, e agora quero axudar a quen pasa por iso a saír adiante

Duas mulleres que sufriron violencia machista están entre os voluntarios que apoian ás víctimas en Ribadumia.

«Levo moitos anos querendo facer algo, axudar dalgunha maneira a que a xente non pase polo que eu pasei». O seu pesadelo empezou como un bonito conto de mocidade e namoramento. Ata que o mozo ideal quixo controlar todos os seus movementos, invadir ata o último recuncho do seu espazo persoal. «Tiven que deixar un traballo porque me levaba ben cun compañeiro e el non o soportaba». E así, unha chea de renuncias que cada vez a illaban máis. Foi entón cando empezaron os golpes. «Un día saín dar un paseo co meniño. Cando volvín a casa el xa chegara. Empezou a pegarme diante do neno. Foi media hora de golpes».
https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1174104092740111/
 

venres, 5 de outubro de 2018

Construíndo o futuro

Este sábado, día 6 de outubro, celébrase o I Congreso da Igualdade do Consello da Muller Nova, un intercambio de experiencias, charlas-coloquio e a exposición por parte do alumnado do traballo feito nos centros de ensino participantes do proxecto.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1168236406660213/
 

xoves, 4 de outubro de 2018

A perspectiva

A perspectiva de xénero nos centros, a análise no I Congreso da Igualdade.




I Congreso da Igualdade do Consello da Muller Nova

No I Congreso da Igualdade do Consello da Muller Nova, que se celebrará o vindeiro sábado, 6 de outubro, o alumnado fará unha posta en común do traballo realizado no último ano.

Parabéns polo esforzo, implicación e traballo en prol da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1167641696719684/

luns, 1 de outubro de 2018