mércores, 29 de novembro de 2017

Pepa e Pepe. A escaleira cíclica da violencia de xénero na adolescencia.

A socióloga Carmen Ruíz Repullo utiliza o conto de Pepa e Pepe para mostrar de qué xeito as e os adolescentes acceden o perigoso círculo da violencia de xénero. Os exemplos que utiliza son froito das investigacións que detalla no seu último estudo, "Voces tras los datos".

https://www.youtube.com/watch?v=IpaabDdQNO8&app=desktop
 

martes, 28 de novembro de 2017

O negocio invisible da trata

A explotación sexual move cinco millóns de euros ó día no estado Español.

As víctimas son esclavizadas mediante ameazas e agresións.

A falta de protección xurídica desincentiva as denuncias das víctimas.

http://www.elmundo.es/sociedad/2017/07/30/597cc73be2704e6b6b8b467a.html

domingo, 26 de novembro de 2017

venres, 24 de novembro de 2017

xoves, 23 de novembro de 2017

martes, 21 de novembro de 2017

Presentación do libro “Invisibles”, relatos do maltrato de Montse Fajardo Pérez.

Esta mañá dábase a coñecer en rolda de prensa o acto público de presentación de Invisibles. Relatos do Maltrato, o libro de Montse Fajardo Pérez co que Concello de Pontevedra conmemora o 25N Día internacional contra a Violencia Machista.

Ligazón:  https://www.facebook.com/cim.pontevedra/posts/948379751979214

https://www.facebook.com/cim.pontevedra/posts/948379751979214

luns, 20 de novembro de 2017

INVISIBLES. Relatos do maltrato.

Presentación do libro: INVISIBLES. Relatos do maltrato.

Mércores 22 de Novembro as 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra

domingo, 19 de novembro de 2017

sábado, 18 de novembro de 2017

Adolescentes machistas: a cruda herdanza do patriarcado

Os adolescentes españois reproducen estereotipos machistas como revisar o móbel da compañeira, impoñer amizades, insistir en manter relacions sexuais… en casos extremos insultan ou agreden. É a herdanza do patriarcado. Mais do 80% dos mozos de 14 a 19 anos coñecen actos violentos en parellas da súa idade, según un estudio do Centro Reina Sofía sobre Adolescencia e Mocidade.

http://www.eldiario.es/andalucia/Adolescentes-machistas-cruda-herencia-patriarcado_0_449355873.html

mércores, 15 de novembro de 2017

Un 27% da xuventude cre que a violencia machista é normal na parella.

O 21,2% considera que a violencia machista é un tema politizado que se esaxera e case un 7% cree que é un problema inevitable xa que sempre existiu. Estas opinións danse a pesar das cifras tan altas de mulleres asasinadas en España durante 2017 que son 44 as asasinadas por violencia machista no que vai de ano. Artigo

http://www.publico.es/sociedad/violencia-genero-27-jovenes-cree-violencia-machista-normal-pareja.html

luns, 13 de novembro de 2017

xoves, 9 de novembro de 2017

NÓS-Feminino Plural

Baixo o lema NÓS-Feminino Plural, a visibilización e empoderamento das mulleres artistas guía a campaña do próximo 25 de Novembro, que promoven o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial coa coordinación da firma local Martina Dadá.

sábado, 4 de novembro de 2017

A lei da custodia compartida: un paso atrás nos dereitos da muller.

"O texto inclúe cousas que son moi graves", destaca Estrela Gómez Viñas, coordinadora da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME)

Esta proposta "dálle as costas a unha realidade de desigualdade que existe na sociedade ao respecto da convivencia, e que sufrimos as mulleres". Pilar Estévez, da Plataforma Feminista Galega

"O problema da falla de igualdade entre homes e mulleres non se atalla a través dunha reforma lexislativa sobre os procedementos de divorcio senón a través de medidas no ámbito da educación, das garantías das mulleres traballadoras, de campañas que promovan a asunción dos deberes parentais dos proxenitores en igualdade de condicións dende o momento do nacemento da crianza", salienta Estrela Gómez.

"Cando non existe unha igualdade real, a lei ten que protexer a parte máis débil. Non é un privilexio", salienta Pilar Estévez, que chama a atención sobre algúns aspectos da formulación proposta. "A iniciativa obvia a situación de desigualdade de homes e mulleres e serve á pretensión de forzar os intereses e a posición dalgúns homes que queren regular a ruptura da parella, e non a unha saudable reivindicación da corresponsabilidade familiar"

http://praza.gal/movementos-sociais/15338/a-lei-de-custodia-compartida-un-paso-atras-nos-dereitos-da-muller/