martes, 24 de xullo de 2018

Coa violencia de xénero, tolerancia cero. #omachismoMata

Detido un home en Marín por acoitelar á súa muller por todo o corpo

Un home, veciño da localidade madrileña de Torrexón de Ardoz, foi detido esta madrugada por axentes da Policía Nacional por acoitelar á súa muller por todo o corpo, despois de que esta lle comunicara a súa intención de iniciar os trámites de separación.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1106773596139828/
 

xoves, 12 de xullo de 2018

Catro mulleres asasinadas polas súas parellas nos últimos tres días. #omachismoMata

Catro mulleres foron asasinadas polas suas parellas ou exparellas en só tres días: duas en Madrid, unha no concello asturiano de Langreo e outra no onubense de Lepe, coas que son xa 21 as vítimas mortais pola violencia machista no que vai de ano no estado, según fontes oficiais.


https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1093972357419952/

As vítimas de violencia de xénero aumentan en Galiza un 17,5%

As mulleres vítimas de violencia de xénero aumentaron en Galicia un 17,5 por cento en 2017 con respecto a 2016, ata situarse en 6.001 mulleres, o que supón 897 máis que as 5.104 rexistradas o ano anterior. Así se reflicte nos datos facilitados polo fiscal Superior de Galicia.

Pola súa banda, o fiscal superior de Galicia fixo referencia aos datos da última Memoria da Fiscalía, segundo os cales "todos os indicadores que manexamos en relación coa violencia machista aumentaron"
Ligazón
https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1093970927420095/
 

martes, 10 de xullo de 2018

Novo premio #ErnestinaOtero

Xa está publicado no BOPPO as bases do novo premio #ErnestinaOtero, unha convocatoria centrada na educación infantil, primaria e secundaria.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1092080307609157/
 

mércores, 4 de xullo de 2018

Rolda de prensa realizada polos grupos do Movemento Feminista de Iruñea

Aseguran que levan 'décadas de loita contra as agresións sexistas' e que a proposta de vestir de negro no chupinazo de San Fermín non está consensuada e 'debilita' a súa labor.

Centrarse nun único caso invisibiliza o resto de agresións, restalles importancia e poñen o foco en elementos que pouco teñen que ver coa realidade. Todas as agresións son importantes, todas as mulleres que sofren ou sufriron agresións precisan da nosa solidariedade e ningunha das agresións teñen xustificación algunha. 
Estas son as nosas festas, nos poñemos as regras e temos que exixir o nosos espazo nelas: tomando as prazas, rindo, bailando, organizándoas, tomando as rúas, os escenarios… En definitiva desfrutando e gozando das festas como nos dé a gana.

Ide como se vestiu sempre ou como vos guste vestir,  pero levade a man vermella e o pano lila.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1086468364837018/