mércores, 28 de febreiro de 2018
venres, 23 de febreiro de 2018
CMN do I.E.S. Luis Seoane
Hoxe, a Concelleira de Igualdade, dona Carme Fouces Diaz, visitou o Consello da Muller Nova do I.E.S. Luis Seoane.
Orgullosa do traballo que se está a facer, retransmitiulles todo o apoio e ánimo dende a Concellería de Igualdade.xoves, 22 de febreiro de 2018
CMN do C.I.F.P. A Xunqueira
Visita de Carme Fouces Diaz ó Consello da Muller Nova do C.I.F.P. A Xunqueira.
O traballo do alumnado é fundamental na igualdade xénero.
Ánimo e a seguir loitando.
CMN do I.E.S. Sánchez Cantón
Carme Fouces Diaz visita o Consello da Muller Nova do I.E.S. Sánchez Cantón. Orgullosa e satisfeita anima ao alumnado a seguir traballando neste gran proxecto.
luns, 19 de febreiro de 2018
As mulleres que opinan son perigosas
Os días 2 e 3 de marzo, no Teatro Principal de Pontevedra, algunhas das moitas mulleres que opinan nos medios de comunicación, estarán entre nós para denunciar o machismo no xornalismo.
domingo, 18 de febreiro de 2018
A comparsa “Follas Novas..., nin unha menos”
A comparsa “Follas Novas..., nin unha menos”, recibe o premio á mellor canción do entroido do Concello de Moaña.
Parabéns!!!, NON É NON.
mércores, 14 de febreiro de 2018
Balance do programa nAmorAndo
Este é o balance do programa nAmorAndo. Os mitos do amor romántico perviven e os escolares consideran que "as rapazas teñen que esperar ao seu príncipe azul" ou "cando unha rapaza ten parella xa non precisa saír cos seus amigos/as"
domingo, 11 de febreiro de 2018
sábado, 10 de febreiro de 2018
Radio Escaparate
Grazas a Carme Fouces Diaz e a cada unha das alumna e dos alumnos por este gran traballo. Parabéns!
venres, 9 de febreiro de 2018
Mulleres en folga o 8 de Marzo
Camiñar cara adiante é a non desigualdade de salarios entre mulleres e homes. A brecha salarial sí é un claro exemplo de paso hacia atrás.
Condenaronas por iso no só á guillotina, tamén ao esquecemento
Mensaxe de NeoFem LuisSeoane:
Mulleres como Mary Wollstonecraft e Olympia de Gouges loitaron pola igualdade de dereitos real entre homes e mulleresAccede á esta ligazón e mira o que teñen que dicir.
mércores, 7 de febreiro de 2018
Radio Escaparate
Hoxe, ás 20:00H, na ligazón que a continuación se facilita, poderán ter o pracer de escoitar o resultado da locución, froito das xornadas de formación recibidas polo alumnado do Consello da Muller Nova os pasados días 24, 25 e 30 de xaneiro.
Un resultado espectacular. Non o perdades!
martes, 6 de febreiro de 2018
NeoFem LuisSeoane: Algúns pensan que da situación da muller no traballo non se debe falar, porque non toca
O vindeiro xoves 8 de febreiro, de 17:00 a 19:00 no Salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra, Margarida Corral, Secretaria da Muller da CIG falaranos disto, dentro do ciclo de charlas que organiza o Concello e nas que participaremos os Consellos da Muller Nova.
Presentación "Invisibles"
O xoves 8 de febreiro ás 20.30 horas, na Sala Amalia domínguez Búa, Rúa Eduardo Vincenti n°2, Bueu
terá lugar a presentación do libro "Invisibles. Relatos do maltrato", escrito pola xornalista Montse Fajardo Pérez, quen estará acompañada por Carme Fouces Diaz, Concelleira de Igualdade en Pontevedra, e Fernando Miranda, libreiro.Este libro relata sete historias de mulleres que sufriron a violencia machista nas dúas diversas vertentes.
venres, 2 de febreiro de 2018
Formación do CMN
O alumnado que pertence ao Consello da Muller Nova, dos distintos centros de educación secundaria da nosa cidade,foi receptor dunhas xornadas de formación os pasados días 24, 25 e 30 de xaneiro que se celebraron no estudio de radio da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.
Foron interlocutores a prol da igualdade. En vindeiros días daremos información sobre o resultado de locución destas mozas e mozos.Un resultado espectacular.
Parabéns polo magnífico traballo que estades facendo dende o Consello da Muller Nova.
Igualdade CIFP Xunqueira: Brecha salarial
Igualdade CIFP Xunqueira:
"la brecha salarial en Galicia es del 23%, ya que el salario medio anual de los hombres se sitúa en los 20.243 euros y el de las mujeres en 15.730."
Os médicos decidense a traballar pola igualdade de xénero sen mulleres
É unha boa decisión, pero non é un bo comezo cando na foto da presentación desta iniciativa NON figura muller.
xoves, 1 de febreiro de 2018
Martina Olivas: "O fútbol precisa mais mulleres"
Media hora compartindo entrevista é abondo para darnos conta do moito que vai a aportar Martina Olivas (Valencia, 1984) en pro do fútbol feminino.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)