domingo, 29 de outubro de 2017

Artígo sobre a publicidade sexista

A publicidade sexista é un caldo de cultivo da violencia machista

Concepción Rodríguez Pérez cre que aínda falta un cambio real da sociedade para evitar este tipo de anuncios. Artigo.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2017/10/28/span-langgl-publicidade-sexista-e-caldo-spanspan-langgl-cultivo-da-violencia-machistaspan/0003_201710G28P32995.htm

mércores, 25 de outubro de 2017

As mulleres toman o mando

Elas tamén toman o mando

Seis mulleres dirixen clubs galegos nas principais categorías cando fai cinco anos non había ningunha.  Artigo

https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2017/10/23/toman-mando/0003_201710G23D9992.htm

martes, 24 de outubro de 2017

Cifras de denuncias por violencia machista

Os xulgados recibiron entre abril e xuño deste ano 42.689 denuncias por violencia de xénero que supon un incremento dun 4,2a respeito do mesmo trimestre do ano anterior. Artigo.

http://www.eldiario.es/sociedad/mujeres-denuncian-violencia-machista-mes_0_700280064.html

luns, 23 de outubro de 2017

Obradoiro de autodefensa





OBRADOIROS DE AUTODEFENSA


 O III Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do  Concello de Pontevedra nace cun obxectivo clave; dotar ao concello dun marco de actuación en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Estrutúrase arredor de 3 grandes áreas que marcarán os ámbitos de actuación durante os vindeiros tres; a súa vez, estes correspondense con unha serie de  obxectivos estratéxicos, que se operativizan en medidas e accións concretas a desenvolver.

 Unha das áreas a tratar, é a abordaxe integral da  violencia de xénero,  a través da posta en marcha de medidas e actuacións encamiñadas a promover a saúde integral das mulleres e o seu autocoidado como mecanismo de prevención da violencia machista . Partindo desta premisa; resulta fundamental pois, dotar ás mulleres dos mecanismos de defensa tanto físicos como psíquicos fronte a un posible agresor, de xeito que a través das técnicas aprendidas poidan saír ilesas dunha situación de agresión.

OBXECTIVOS:
-  Analizar os porqués da violencia sexista, que é o maior dos problemas no acceso os dereitos das mulleres como cidadás.
-  Dotar ás mulleres dos mecanismos precisos para responder e resolver as situacións de agresións que poden sufrir na súa vida cotiá.
-  Concienciar ás mulleres sobre os seus dereitos e capacidades fomentando a confianza e a seguridade mediante a
-  Eliminación dos estereotipos sobre a debilidade física feminina.
-  Reforzar a auto confianza na muller con diversas técnicas que se porán en xogo nunha situación de perigo ou ameaza

DESTINATARIAS:
Mulleres maiores de 16 anos. As prazas  estarán limitadas a 20 persoas .Os grupos de traballo formados son de tamaño reducido para respectar os tempos de aprendizaxe e as individualidades de cada unha das asistentes e facilitar deste xeito  a súa  participación e un tratamento axeitado dos contidos presentados dada a importancia da temática a tratar;  non podemos esquecer que falamos de técnicas orientadas a dar unha resposta práctica fronte a violencia machista.

 CONTIDOS:
     Parte teórica:
          Que é a violencia de xénero. Análise e tipoloxía.
          Ciclo de violencia.
           Identificación das situacións de violencia.

     Parte práctica:
          Hábitos e conductas de actuación.
          Técnicas de inmobilización.
           Formas de defensa e bloqueo.
E ÓRICA PARTE PRÁCTIC
METODOLOXÍA:
Empregarase unha metodoloxía de carácter participativo, na que se articularán dúas grandes áreas de traballo; por unha banda, unha parte teórica na que se promoverán técnicas grupais , debates…e por outra, unha parte práctica , na que se traballarán a súa vez aspectos físicos e psicolóxicos para que as mulleres tomen consciencia dos seus dereitos, da súa forza e da súa valía a través do traballo físico.

TEMPORALIZACIÓN:
A duración total do presente obradoiro é de 3 horas, que se estruturan  tal e como detallamos a continuación:


INICIO DA XORNADA

Momento no que se presentará brevemente o obradoiro, a/o docente levará a cabo unha pequena dinámica de presentación para facilitar o coñecemento entre si das participantes e romper o xeo.

DESENVOLVEMENTO DA PARTE TEÓRICA

A duración total será de 75  minutos nos que levarán a cabo actividades de carácter individual e grupal  para abordar a temática detallada no punto anterior.
DESCANSO
15 minutos
DESENVOLVEMENTO PARTE PRÁCTICA
Duración 90 minutos
FINALIZACIÓN DO OBRADOIRO
Momento de conclusións, reforzo de ideas principais e cumprimentación por parte das asistentes dos cuestionarios de satisfacción para a avaliación da actuación.


RECURSOS  HUMANOS:
§  Responsable da impartición parte teórica:  Licenciada en psicoloxía , experta en igualdade de xénero.
§  Responsable da impartición da parte práctica: Policía local experta en obradoiros de autodefensa.

venres, 20 de outubro de 2017

xoves, 19 de outubro de 2017

martes, 3 de outubro de 2017

A CARREIRA DO MURO

DIFUSIÓN e PARTICIPACIÓN: A CARREIRA DO MURO.
Trátase dunha carreira solidaria que se celebrará o 25 de novembro, día mundial contra a Violencia de Xenero.
Preténdese o seu transcurso polo centro de maior número de localidades posibles.
Para o seu fin habilitouse a seguinte web: www.noesno.org
http://www.noesno.org/