venres, 30 de novembro de 2018

Primacoso. A violencia contra a muller comeza dende pequena.

A campaña de Pontevedra #Primacoso reflicte que a violencia contra a muller comeza de pequena.

As conclusións do estudo realizado polo Grupo de Investigación Saúde, Sexualidade e Xénero da Universidade de Vigo sobre a campaña #Primacoso, que recollía o relato das primeiras experiencias de violencia na vida das mulleres, foron presentadas este xoves no Concello de Pontevedra. Nel destácanse datos como que o 76% das mulleres que compartiron a súa experiencia situaron na infancia o seu primeiro recordo de acoso e violencia sexual.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1203612483122605/
 

xoves, 29 de novembro de 2018

Este é o vídeo resumo das actividades realizadas polos Consellos da Muller Nova durante o curso académico 2017-2018.

Un traballo espectacular!, parabéns tanto ao alumnado como ao profesorado polo gran traballo a prol da igualdade de xénero entre homes e mulleres.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1203129546504232/
 

martes, 27 de novembro de 2018

luns, 26 de novembro de 2018

domingo, 25 de novembro de 2018

25-N en Pontevedra

Poxa simbólica de homes contra as violencias machistas con motivo do 25 de novembro.

Na Praza da Peregrina, o Colectivo Feminista de Pontevedra organizou unha poxa simbólica de homes, coa que pretendían denunciar de maneira irónica como as mulleres son ofertadas ao mellor ofertante para casar, prostituílas, empregalas como ventre de aluguer, utilizalas como man de obra barata ou abusar sexualmente delas.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1200801233403730/
 

25 de novembro do 2018

Querémonos libres, vivas e iguais

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1200712420079278/

Carmen Fouces

"Se é un maltratador, non pode ser un bo pai"

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1200710703412783/
 

venres, 23 de novembro de 2018

"Reseteando". NeoFem LuisSeoane

“Reseteando” dende a educación é o terceiro vídeo do Consello da Muller Nova, NeoFem, do I.E.S. Luis Seoane, con motivo do 25 de novembro.

"Bueno, en que andabamos???? ai, sí, RESETEANDO DENDE A EDUCACIÓN!!!!! Pois nada, tócanos resetear un pouquiño equipos docentes. Tranquil@s amij@s, aquí está a nosa técnica de equipos NeoFem disposta a resetear o que faga falta para lograr unha educación máis inclusiva e uns contidos mais igualitarios."

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1199263680224152/
 

"Reseteando". NeoFem LuisSeoane

Este é o segundo vídeo de “Reseteando”, actividade realizada polo Consello da Muller Nova, NeoFem, do I.E.S. Luis Seoane, con motivo do 25 de novembro.

"Adoitas ficar en silencio cando ves que se comparten burlas machistas entre @s compañeir@s?
Soes mirar para outro lado cando presencias unha agresión machista, física ou psicolóxica?
Eres dos que cosifican ás túas compañeiras con comentarios continuos sobre o seu físico, sobre a súa sexualidade????
Tranquil@, a nosa técnica Cintia axúdanos a resetear sen problemiña ningún...."

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1199262103557643/

mércores, 21 de novembro de 2018

Canto canta o machismo

“Canto canta o machismo” é unha análise das letras das cancións feita polo Consello da Muller Nova do I.E.S. Torrente Ballester.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1197857073698146/

Actividade do C.M.N. Torrente ballester

Actividade realizada polo Consello da Muller Nova do I.E.S. Torrente Ballester con motivo da celebración do Día Internacional da Memoria Trans.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1197444763739377/
 

martes, 20 de novembro de 2018

“Reseteando”

“Reseteando”, actividade realizada polo Consello da Muller Nova do I.E.S. Luis Seoane con motivo do 25 de Novembro.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1197252860425234/

luns, 19 de novembro de 2018

As palabras sobran, a mensaxe é moi clara.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1196566417160545/

Porque o machismo é ante todo, un problema masculino.

Os homes deben dar un paso ó fronte e ser incómodos para os machistas.

Octavio Salazar: "A orixe deste drama social atopase nun modelo de masculinidade que no século XXI continúa prorrogando o noso estatus privilexiado e, vencellado a él, o uso de múltiples violencias mediante as cales mantemos o noso poder.
Todo isto aderezado cos mitos do amor romántico que tanto axudan a que as mulleres sigan entendendo que o seu lugar é o da sumisión e que nos nacimos para ser conquistadores. Non só dos territorios, senon tamén dos corpos e ate das vidas de quenes durante séculos foron educadas para o silencio."

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1195988933884960/

martes, 13 de novembro de 2018

exposición fotográfica “Namórate de ti”

Hoxe, ás 17:00H na Casa da Luz, terá lugar a inauguración da exposición fotográfica “Namórate de ti”. 

Poderá visitarse ata o día 25 de novembro, en horario de luns a sábado de 9:30H a 14:00H e de 16:30H a 19:30H, e domingo de 10:00H a 14:00H.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1192435637573623/

luns, 12 de novembro de 2018

Unha experta na loita contra a violencia sexista, nova decana dos xuíces.

Tras preto dun ano de incerteza, Pontevedra conta xa cunha maxistrada á fronte do decanato dos xuíces da cidade.

Belén Rubido, segundo transcendeu onte, foi a designada para ocupar este cargo, labor que simultaneará co Xulgado do Penal número catro, especializado en axuizar causas de violencia sobre a muller.
https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1192177997599387/

Denuncia pública dun caso presenciado por unha alumna membro do Consello da Muller Nova do I.E.S. Luis Seoane, NeoFem.

O meu nome é Ana e formo parte de NeoFem Luis Seoane. Esta fin de semana, por desgraza, vivín unha experiencia que me gustaría compartir con tod@s vos.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1192175347599652/
 

Espazo Lila e diverso

Actualización do Espazo Lila do Consello da Muller Nova do I.E.S. Torrente Ballerter.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1192135367603650/

sábado, 10 de novembro de 2018

venres, 9 de novembro de 2018

25 de Novembro


Declaración institucional do Concello de Pontevedra con motivo do 25 de novembro.


O 2018 ten sido un ano importante para o feminismo, que foi quen de mobilizar cun éxito histórico una folga nos ámbitos laborais, de consumo e de coidados o pasado 8 de marzo. Sen dúbida algunha, unha data chamada a marcar un antes e un despois na nosa historia, xa que esta sociedade esixiu que todas e todos pisemos o acelerador.

Non seremos una democracia plena mentres existan mulleres ameazadas, inseguras e asasinadas. A violencia de xénero non ten cabida na sociedade que queremos ser nin na democracia que queremos consolidar


https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1189447241205796/

xoves, 8 de novembro de 2018

Consello da Muller

O Consello da Muller fai repaso do ano 2018 e marca as liñas de traballo para o vindeiro ano.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1188711484612705/

obradoiro de autodefensa

O vindeiro 28 de novembro haberá un obradoiro de autodefensa no Centro Social do Gorgullón, situado na Rúa da Curtidoira, 1-Baixo. 

Para efectuar a inscrición pode facerse de forma presencial nas nosas dependencias ou de forma on line nas seguintes ligazóns http://igualdade.pontevedra.gal ou http://pontenigualdade.blogspot.com/ Animádevos a participar!.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1188418564641997/

martes, 6 de novembro de 2018

Iria Vázquez

Investigadora da Universidade da Coruña, sostén que “as vítimas de violencia machista sofren tamén violencia institucional”.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1187793088037878/
 

Entrevista a Sonia Vaccaro

Psicóloga clínica e laboral. “Un home violento é probable que use a xustiza contra o seu fillo ferozmente”.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1187672981383222/