martes, 29 de maio de 2018

Expertas alertan que o 23% das nenas e o 15% dos nenos son vítimas de violencia sexual

A actividade foi promovida por Universidade, Concello e Deputación

Abordar a violencia machista como unha problemática que afecta á infancia e á adolescencia máis aló dos propios fillos e fillas das mulleres vítimas desta lacra social constituía un dos obxectivos centrais da xornada Infancia e adolescencia. A cara oculta da violencia de xénero, que, coa participación de máis de 150 persoas, procedentes de ámbitos como a educación, a sanidade, a xustiza ou os centros de información á muller, desenvolveuse o pasado sábado no Pazo da Cultura e na que desde a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (Agamme) alertaban que un 23% das nenas e un 15% dos nenos son vítimas de violencia sexual. Promovida pola Universidade, a Deputación e o Concello de Pontevedra, esta actividade insírese no proxecto de investigación Redes de innovación para a inclusión educativa e social, que impulsou a creación de grupos de traballo que reunisen tanto a especialistas académicos como a representantes de colectivos sociais e educativos co propósito de abordar conxuntamente diferentes problemáticas, como neste caso a violencia machista.

https://www.facebook.com/cim.pontevedra/posts/1056828071134381
 

luns, 28 de maio de 2018

Infancia e adolescencia: unha cara oculta da violencia de xénero

Gran xornada formativa celebrada o sábado 26 de maio, parabéns tanto á organización como ás institucións que colaboraron na realización da xornada.

https://www.facebook.com/cim.pontevedra/posts/1055809964569525
 

mércores, 23 de maio de 2018

O libro "Invisibles" dá un paso máis e será levado ao teatro

“Invisibles, relatos do maltrato” cobrará vida no teatro nas mans de Sheyla Fariña, Mela Casal e Nieves Rodríguez.

Unha obra de teatro que fará posible que o oculto sexa visible.
Grandísimo proxecto!

Serán tres actrices, Sheyla Fariña, Mela Casal e Nieves Rodríguez, as que encarnarán ás protagonistas destas historias. Farano baixo a dirección de Marián Bañobre. A súa estrea será o próximo 15 de novembro no Teatro Principal de Pontevedra.
 
https://www.facebook.com/cim.pontevedra/posts/1053011598182695

martes, 22 de maio de 2018

Pacto de Estado contra a violencia de xénero. O estado da cuestión

Xornada Formativa:


“Pacto de Estado contra a violencia de xénero. O estado da cuestión”.
Animádevos a asistir.
https://www.facebook.com/cim.pontevedra/posts/1052793528204502


7 de xuño de 2018
Castelo de Soutomaior

Obxectivo: achegar o Pacto de Estado á realidade municipal do persoal que traballa activamente con vítimas de violencia de xénero desde o ámbito local, profundando nas diversas implicacións da súa posta en marcha e reflexionando sobre os diferentes ámbitos de aplicación.
Persoas destinatarias: persoal da Administración local, persoal dos centros de información á muller (psicólogas, avogadas, traballadoras sociais, axentes de igualdade…) e persoas que traballan na loita pola igualdade e contra a violencia machista.
MAIS INFO Aquí.

venres, 18 de maio de 2018

Proxección do filme: Custodia compartida

O 23 de maio, ás 20:30H no Teatro Principal, temos unha cita.

Custodia compartida é un filme que narra a historia de Myriam e Antoine, divorciados, na que Myriam solicita a custodia de Julien, fillo de ambos, para protexelo do pai, que é un home violento.

https://www.facebook.com/cim.pontevedra/posts/1050659681751220

mércores, 16 de maio de 2018

martes, 15 de maio de 2018

XORNADA FORMATIVA: Infancia e Adolescencia

Infancia e Adolescencia: Unha Cara Oculta da Violencia de Xénero

Animádevos a participar!. As ligazóns para inscribirse son www.depo.gal ou www.pontevedra.gal, con data límite de prazo ata o 23 de maio ou ata esgotar as prazas.
https://www.facebook.com/cim.pontevedra/posts/1048590545291467

venres, 11 de maio de 2018

A memoria histórica sobre o machismo

Ana Bernal-Triviño (Xornalista): Porque, inda que eu nacín sen franquismo, a sua forma de pensar e razoar quedaronse instaladas en moitas mulleres e homes por todo o estado. 

E porque, xa en democracia, na propia web da Fundación Francisco Franco indica que aqueles valores da Sección Femenina
  “fueron salvaguardados (…) con gran dignidad” 

https://www.facebook.com/cim.pontevedra/posts/1046814568802398

mércores, 9 de maio de 2018

7N Plataforma feminista contra ás violencias machistas

Súmate á convocatoria, a nivel estatal, da “7N Plataforma feminista contra ás violencias machistas” polo incumprimento dos orzamentos do estado para o Pacto contra á Violencia de Xénero.

https://www.facebook.com/cim.pontevedra/posts/1045578018926053
 

mércores, 2 de maio de 2018

Alerta sobre o aumento de delitos como o da Manada

O Poder Xudicial alerta do aumento de delitos como o da Manda:

 Os abusos sexuais cometidos polos cinco membros da "Manada" nun portal de Pamplona poderían ser só unha mostra dun problema moito máis grave
https://www.facebook.com/cim.pontevedra/posts/1042062709277584