mércores, 19 de decembro de 2018

Acto na memoria das vítimas do terrorismo machista

O venres, día 21, ás 20:00H, na Praza da Peregrina, haberá un acto na memoria das vítimas do terrorismo machista.

A nosa loita é importantísima. Asistide.

#OmachismoMata

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1217812915035895/

luns, 17 de decembro de 2018

Aumento das denuncias por violencia de xenero en Galiza

Diminúe o número de maltratadas que se negan a declarar contra o agresor.

Aumentan as denuncias por violencia de xénero e iso ten a súa parte positiva (as maltratadas cada vez atrévense máis a denunciar), e negativa (increméntanse os malos tratos).Os xulgados de Galicia recibiron en o terceiro trimestre do ano 1.784 denuncias por violencia de xénero, un 12,3 % máis que no mesmo período do ano anterior, cando se presentaron 1.589.


mércores, 12 de decembro de 2018

Silvia Aguete, porteira do Poio, entre as dez mellores do mundo.

Por segundo ano consecutivo cóase entre as mellores gardametas do planeta na "Umbro Futsal Awards 2018".

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1212673425549844/
 

PONTEVEDRA NA ONDA (11/12/2018)

Como cada martes, almorzamos na Cafetería Moi Bó cos protagonistas da actualidade: falamos co informe #PrimAcoso con Carme Fouces, concelleira de Igualdade, e Rosa Campos, directora do Cim Pontevedra

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1212112465605940/

martes, 4 de decembro de 2018

25N C.M.N Torrente Ballester

Actividade do Consello da Muller Nova do I.E.S. Torrente Ballester con motivo do 25 de novembro.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1206647716152415/

O primeiro acoso chega sendo nena

Un estudo da campaña #primacoso do Concello de Pontevedra sobre 3.000 casos revela que o 76% das mulleres sufriron acoso antes de ser adultas.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1206553259495194/
 

venres, 30 de novembro de 2018

Primacoso. A violencia contra a muller comeza dende pequena.

A campaña de Pontevedra #Primacoso reflicte que a violencia contra a muller comeza de pequena.

As conclusións do estudo realizado polo Grupo de Investigación Saúde, Sexualidade e Xénero da Universidade de Vigo sobre a campaña #Primacoso, que recollía o relato das primeiras experiencias de violencia na vida das mulleres, foron presentadas este xoves no Concello de Pontevedra. Nel destácanse datos como que o 76% das mulleres que compartiron a súa experiencia situaron na infancia o seu primeiro recordo de acoso e violencia sexual.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1203612483122605/
 

xoves, 29 de novembro de 2018

Este é o vídeo resumo das actividades realizadas polos Consellos da Muller Nova durante o curso académico 2017-2018.

Un traballo espectacular!, parabéns tanto ao alumnado como ao profesorado polo gran traballo a prol da igualdade de xénero entre homes e mulleres.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1203129546504232/
 

martes, 27 de novembro de 2018