xoves, 28 de xuño de 2018

O Concello atendeu a 80 vítimas de violencia de xénero no último ano

O Centro de Información á Muller (CIM) de Pontevedra atendeu entre abril de 2017 e marzo de 2018 a 80 mulleres vítimas de violencia de xénero. Eses son os últimos datos contabilizados polo servizo municipal


“O burka xudicial”

Artigo de Carmen Fouces, Concelleira de Igualdade do Concello de Pontevedra.


Carta da vítima da “Manada”

Supoño pensaredes que esta carta é para contar a miña versión e a miña vivencia,  mais non é así. Esta carta é de agradecemento.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1079255195558335/
 

Gabriella Morreale de Castro

Faleceu Dona Gabriela Morreale, fundadora da endocrinoloxía moderna.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1079149252235596/

martes, 26 de xuño de 2018

Estudan os 2.887 chíos da campaña #PrimAcoso

Un equipo da Universidade de Vigo estuda os 2.887 chíos da campaña #PrimAcoso.

Un equipo da Universidade de Vigo desenvolve unha investigación académica sobre as respostas á campaña feminista lanzada polo Concello de Pontevedra

Un equipo de investigadores da Universidade de Vigo -concretamente do grupo de Saúde, sexualidade e xénero, da Facultade de Ciencias dá Educación do campus de Ourense- recompilou todos aqueles chíos e comentarios para trazar unha análise académica da repercusión da campaña, das denuncias de primeiro acoso que saíron á luz e, sobre todo, «do uso das redes sociais como plataformas nas que identificar e visibilizar este tipo de violencias», segundo apuntou a coordinadora do grupo de investigación, a profesora María Lameiras.
https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1077711892379332/

martes, 19 de xuño de 2018

Concentración

O Mércores 20 de Xunho as 20:00 horas diante da audiencia provincial en Pontevedra Concentración O Machismo Mata! 

BASTA DE FEMINICIDIOS
https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1070505316433323/

#NinUnhaMenos

En menos de 24 horas tres mulleres foron asasinadas, en Granada, Badalona e O Porriño.
#OmachismoMata

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1070330369784151/
 

xoves, 14 de xuño de 2018

Para chula, a miña parrula

“Para chula, a miña parrula” é a primeira das actividades do centro de igualdade A Redeira, e terá lugar o vindeiro 23 de xuño na Casa da Luz.


A Redeira aspira a converterse “nun lugar de acollida” para a muller

As concelleiras Anabel Gulías e Carmen Fouces presentaron este mércores o proxecto ideado para o edificio municipal situado na rúa Santa Clara, que actualmente acolle o Centro de Información á Muller (CIM) e que se verá reforzado con diferentes iniciativas desde unha óptica feminista.

 Todo co obxectivo de que tanto o CIM como A Redeira en xeral se converta nun "lugar onde as mulleres cando cheguen se sintan a salvo", indicou Carmen  Fouces.
https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1065376523612869/
 

luns, 11 de xuño de 2018

Xulgar con perspectiva de xénero é posible e obrigatorio

"Xulgar con perspectiva de xénero non é un plantexamento metafísico, está na lei: o artígo 4 da lei de igualdade consagra o principio de igualdade entre home e muller na interpretación e aplicación das normas; e o artígo 15 dí que este principio marcará a actuación dos poderes públicos", recordou a maxistrada da sala social do Tribunal Supremo María Lourdes Arastey.

 Para evitar que a xustiza perpetúe as asimetrías e as diferenzas de xénero tamén é preciso aplicar "cirurxía xudicial" para detectar, correxir e compensar as desigualdades, en palabras da maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Canarias (TSJC) Gloria Poyatos.
https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1064194757064379/