martes, 26 de xuño de 2018

Estudan os 2.887 chíos da campaña #PrimAcoso

Un equipo da Universidade de Vigo estuda os 2.887 chíos da campaña #PrimAcoso.

Un equipo da Universidade de Vigo desenvolve unha investigación académica sobre as respostas á campaña feminista lanzada polo Concello de Pontevedra

Un equipo de investigadores da Universidade de Vigo -concretamente do grupo de Saúde, sexualidade e xénero, da Facultade de Ciencias dá Educación do campus de Ourense- recompilou todos aqueles chíos e comentarios para trazar unha análise académica da repercusión da campaña, das denuncias de primeiro acoso que saíron á luz e, sobre todo, «do uso das redes sociais como plataformas nas que identificar e visibilizar este tipo de violencias», segundo apuntou a coordinadora do grupo de investigación, a profesora María Lameiras.
https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1077711892379332/

Ningún comentario:

Publicar un comentario