xoves, 27 de setembro de 2018

Entrevista a Rosa Campos

Hoxe, día 27 de setembro, sae no xornal Diario de Pontevedra, unha entrevista a Dona Rosa Campos Briones, directora do CIM de Pontevedra.

Animámosvos a súa lectura e reflexión.

 


En menos de 48 horas

En menos de 48 horas, asasinaron a 3 mulleres e 2 nenas. Ante esta situación, as palabras sobran e a realidade é a que é.
#OmachismoMata


https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1163982827085571/

luns, 24 de setembro de 2018

I Congreso da Igualdade do Consello da Muller Nova

O vindeiro 6 de outubro celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra o I Congreso da Igualdade do Consello da Muller Nova.

Está dirixido ao alumnado e ao profesorado dos centros de ensino secundario do Concello de Pontevedra que formen parte ou estén interesados/as en formar parte o Consello da Muller Nova e ao resto da comunidade educativa interesada.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1162143853936135/

venres, 14 de setembro de 2018

Conferencia "Excusas"

Con motivo do Día Internacional contra a Trata e Explotación Sexual, celebrarase a conferencia “Excusas”, a cargo de Amelia Tigamus. Animámosvos a asistir o vindeiro día 28 de setembro, na Casa das Campás de Pontevedra.


martes, 11 de setembro de 2018

Coa violencia de xénero, tolerancia 0. #OmachismoMata

Dúas asasinadas en 24 horas por violencia machista


Feminismo e literatura

“O feminismo é o movemento que máis influíu na literatura neste século”. Montse Pena.

A profesora da USC e escritora Montse Pena inicia con ‘Letras miudas’ unha colaboración semanal co semanario Sermos Galiza, unha nova porta para falar de literatura, cultura e moito máis.

.

martes, 4 de setembro de 2018

O fútbol gaélico, unha nova canteira de mulleres deportistas empoderadas

Todas concordan en que o Campionato de Europa lles deu moita visibilidade. Despois de dous mundiais nos que quedamos por detrás dos homes, con este recoñecemento quedou claro que as mulleres tamén podemos ser mellor ca eles". 

Agora andan preparando o campionato mundial de Dublín, pero teñen un reto quizais aínda maior ca este: traballar canteira. Unha canteira de mulleres deportistas empoderadas. 

Coñecemento amputado

O maior estudo sobre a presenza das mulleres nos materiais educativos contou de media un 7,5% de aparicións de mulleres en todas as asignaturas da E.S.O.