mércores, 22 de agosto de 2018

venres, 17 de agosto de 2018

Aretha Franklin

Este xoves finou Aretha Franklin, a voz feminista do soul. 

Era, talvez, a derradeira voz da época dourada do soul. Aretha Franklin, intérprete poderosa, irredutíbel, símbolo da emancipación da muller afroamericana, encarnación de himnos rebeldes da altura de Respect ou Young, gifted and black, morreu esta quinta feira aos 76 anos de idade.

É lugar común que Respect, escrita por Otis Redding pero reapropiada para a causa dos movementos civís e o feminismo por Franklin, foi un dos himnos chave das rebelións dos 60. Menos coñecido é que Aretha se chegou a ofrecer para pagar, en 1970, a fianza da dirixente comunista afroamericana Angela Davis. “Tanto ten se son 100.000 dólares ou 250.000”, dixo, “a xente negra debe ser libre. Eu estiven presa por alterar a paz en Detroit, e sei que unha altera a paz cando non ten paz. Estar na cadea é un inferno”.
https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1134617450022109/

Invisibles, relatos do maltrato

Xa están á venda as entradas para a versión teatral de “Invisibles, relatos do maltrato”.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1134608076689713/

venres, 10 de agosto de 2018

O Senado arxentino rexeita despenalizar o aborto

Como dí María Mercé Marçal: “e seremos dúas e seremos tres..., seremos catro e seremos cinco..., seremos cincocentas, seremos mil”.

Os defensores da mesma chamaron a non baixar os brazos nin caer en derrotismo e poñer en valor as multitudinarias mobilizacións en Arxentina de centos de miles de mulleres a favor deste proxecto. “Chegar atá aquí” é un “paso de xigante”, salientan desde o feminismo
https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1125791070904747/
 

venres, 3 de agosto de 2018

Gocemos dunhas festas en liberdade e sen violencia

"Gocemos dunhas festas en liberdade e sen violencia"

Si ves ou sofres algún tipo de acoso chama ao 091, 092 e 112, ou achégate ao punto de atención da Policía Local que haberá na Casa do Concello (Rúa Michelena, 30).

https://www.facebook.com/cim.pontevedra/photos/a.413822002101661.1073741828.413821955434999/1117943675022820/?type=3&theater

Teresa Abelleira

Teresa Abelleira: “Saber repoñernos foi crucial para gañar”. Moitos parabéns campionas.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1116249518525569/

Campaña publicitaria Con M de Machista

Unha campaña publicitaria na que se identifica ás nenas con “C” de cociñeiras e ós nenos con “C” de campións, non deixa de ser unha campaña con “M” de machista e con “P” de patriarcal.

https://www.facebook.com/413821955434999/posts/1116200271863827/