martes, 29 de maio de 2018

Expertas alertan que o 23% das nenas e o 15% dos nenos son vítimas de violencia sexual

A actividade foi promovida por Universidade, Concello e Deputación

Abordar a violencia machista como unha problemática que afecta á infancia e á adolescencia máis aló dos propios fillos e fillas das mulleres vítimas desta lacra social constituía un dos obxectivos centrais da xornada Infancia e adolescencia. A cara oculta da violencia de xénero, que, coa participación de máis de 150 persoas, procedentes de ámbitos como a educación, a sanidade, a xustiza ou os centros de información á muller, desenvolveuse o pasado sábado no Pazo da Cultura e na que desde a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (Agamme) alertaban que un 23% das nenas e un 15% dos nenos son vítimas de violencia sexual. Promovida pola Universidade, a Deputación e o Concello de Pontevedra, esta actividade insírese no proxecto de investigación Redes de innovación para a inclusión educativa e social, que impulsou a creación de grupos de traballo que reunisen tanto a especialistas académicos como a representantes de colectivos sociais e educativos co propósito de abordar conxuntamente diferentes problemáticas, como neste caso a violencia machista.

https://www.facebook.com/cim.pontevedra/posts/1056828071134381
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario