sábado, 4 de novembro de 2017

A lei da custodia compartida: un paso atrás nos dereitos da muller.

"O texto inclúe cousas que son moi graves", destaca Estrela Gómez Viñas, coordinadora da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME)

Esta proposta "dálle as costas a unha realidade de desigualdade que existe na sociedade ao respecto da convivencia, e que sufrimos as mulleres". Pilar Estévez, da Plataforma Feminista Galega

"O problema da falla de igualdade entre homes e mulleres non se atalla a través dunha reforma lexislativa sobre os procedementos de divorcio senón a través de medidas no ámbito da educación, das garantías das mulleres traballadoras, de campañas que promovan a asunción dos deberes parentais dos proxenitores en igualdade de condicións dende o momento do nacemento da crianza", salienta Estrela Gómez.

"Cando non existe unha igualdade real, a lei ten que protexer a parte máis débil. Non é un privilexio", salienta Pilar Estévez, que chama a atención sobre algúns aspectos da formulación proposta. "A iniciativa obvia a situación de desigualdade de homes e mulleres e serve á pretensión de forzar os intereses e a posición dalgúns homes que queren regular a ruptura da parella, e non a unha saudable reivindicación da corresponsabilidade familiar"

http://praza.gal/movementos-sociais/15338/a-lei-de-custodia-compartida-un-paso-atras-nos-dereitos-da-muller/

Ningún comentario:

Publicar un comentario